Cadernos de Fraseoloxía Galega (Dec 2024)
A metalinguaxe da fraseoloxía vasca en coleccións e dicionarios
Abstract
Desde o século XVI e ata a actualidade, publicáronse numerosas coleccións e dicionarios fraseolóxicos que recollen diferentes tipos de unidades fraseolóxicas vascas. Neste artigo, descríbese unha selección das principais coleccións e dicionarios con unidades fraseolóxicas dos séculos XX e XXI co obxectivo de dar a coñecer a metalinguaxe (tanto a nivel denominativo como conceptual) da fraseoloxía vasca nas obras fraseográficas analizadas. Conclúese que nas oito obras analizadas do século XX a variación terminolóxica é considerable e que en ocasións se utilizou un mesmo termo para se referir a fenómenos lingüísticos diferentes. Ademais, en moitas obras mestúranse diferentes tipos de unidades fraseolóxicas aínda tratándose de obras exclusivamente paremiográficas ou de locucións. Nos dicionarios actuais non se observa a mesma tendencia canto á variación terminolóxica, pero debido, en parte, ás características dunha lingua aglutinante coma o euskera, o grao de harmonización é menor a nivel conceptual.