Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2014)

Procedementos de tradución de locucións adverbiais no rexistro coloquial (italiano, alemán, español): estudo dun caso / Translation procedures of adverbial idioms in colloquial language (Italian, German and Spanish): A case study

  • Jorge Leiva Rojo

Journal volume & issue
no. 15
pp. 183 – 208

Abstract

Read online

Nos últimos anos xurdiron diversos traballos nos que se tratan os procedementos que son de aplicación para a tradución de unidades fraseolóxicas. Na maioría destes traballos, o compoñente coloquial ou está ausente ou non recibe o tratamento que pensamos que merece. Un dos obxectivos do presente artigo é estudar a forma en que se traducen as unidades fraseolóxicas, en concreto as locucións adverbiais, nun texto de carácter coloquial. Para iso, fundaméntase este traballo na análise de todas as locucións adverbiais presentes no TO, a novela italiana Mai sentita così bene, e a forma na que abordan a súa tradución os tradutores de tal texto ao alemán e ao español. Os resultados desta análise son relevantes; na tradución alemá é frecuente o recurso á paráfrase −aínda que cun interesante procedemento de compensación mediante a selección léxica− e na tradución española, máis convencional, prima o recurso á équivalence. Mediante a análise da novela citada, e como conclusión fundamental, pódese apreciar que é determinante a formación en competencia fraseolóxica dos tradutores e que, polo menos para a tradución de textos coloquiais, precísase revisar qué procedementos de tradución de unidades fraseolóxicas debemos considerar bos ou malos. / Over the past few years studies have been published on the applied strategies when translating phraseological units. In most of those contributions, the colloquial component is either absent or has not been correctly approached. One of the goals of this article is to analyse how phraseological units, more specifically adverbial locutions, are translated in a colloquial text. To do so, this article is based on the analysis of all the adverbial locutions present in the ST −the Italian novel Mai sentita così bene− and how translators rendered such locutions into German and Spanish. The findings have been significant: the German translation frequently uses paraphrase −although compensating interestingly with a word selection technique; on the contrary, the Spanish translation is much more conventional with prevalence of the èquivalence technique. The main conclusion out of this study of the Italian novel and its two translations indicates that phraseological competence is clearly crucial for the translation of locutions and, regarding the translation of colloquial texts, a division of the right and wrong translation strategies of phraseological units is required.

Keywords