Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jun 2017)

Estudo das unidades terminolóxicas e fraseolóxicas especializadas dun texto do ámbito dos alimentos funcionais e nutracéuticos dende unha perspectiva tradutora / Study of the terminological and specialized phraseological units from a text in the field of functional food and nutraceuticals from a translator’s perspective

  • Marie-Évelyne Le Poder

Journal volume & issue
no. 17
pp. 51 – 82

Abstract

Read online

A análise das unidades terminolóxicas e fraseolóxicas especializadas no ámbito específico dos alimentos funcionais e nutracéuticos dende unha perspectiva tradutora son o obxecto de estudo do presente artigo. O obxectivo xeral consiste en describir e analizar as ditas unidades a partir dun texto deste ámbito en lingua española, que debe ser traducido ao francés, no contexto dunha encomenda de tradución puntual. Polo tanto, a metodoloxía aséntase neste texto, redactado por especialistas e dirixido a especialistas e/ou semi-especialistas, que é a base para a realización de cada unha das etapas metodolóxicas do estudo: observar o encargo de tradución; delimitar as áreas e subáreas temáticas do texto orixe; describir as unidades terminolóxicas e fraseolóxicas deste; ofrecer en detalle os textos comparables seleccionados para a confección dun corpus ad hoc e, por último, especificar os equivalentes elixidos a partir dos textos comparables. Cada unha destas etapas contribúe a lograr un produto final eficaz e de calidade para a cultura meta. // The aim of this article is the study of terminological and specialized phraseological units in the specific field of nutraceuticals and functional foods from a translator’s perspective. The overall objective is to describe and analyze said units from a Spanish-language text which belongs to said field, which should be translated into French, in the context of a timely translation job. Therefore, the methodology is based on this text, written by specialists and addressed to specialists and/or semispecialists, which is the basis for the development of each of the methodological stages of the study: First skim through the task of the translation, delimit the thematic areas and subareas of the source text, describe the terminological and especialized phraseological units of the source text, detail the selected parallel texts for the creation of an ad hoc corpus, and finally specify the equivalents chosen from the parallel texts. By contributing to each of these stages, one can achieve a final product that is efficient and of quality for the target culture.

Keywords