Estudios Románicos (Jan 2025)

As terminacións -anam e -anas en galego

  • Aquilino Santiago Alonso Núñez

DOI
https://doi.org/10.6018/ER.606671
Journal volume & issue
Vol. 34

Abstract

Read online

Neste traballo estúdanse os resultados das terminacións -ANAM e -ANAS no concello de Castrelo do Val, na comarca verinesa, no conxunto do galego e no continuum dialectal galegoportugués. Os datos foron obtidos dunha indagación de campo propia, do ALGa, do ALPI, da NEnq e doutras investigacións sobre o galego e o portugués. Conclúese que a redución da terminación plural (-áns ˃ -ás) se deu primeiro cá eliminación da consoante final no singular (-án -˃ á). Isto explica que a forma occidentalizante -ns ocupe un territorio menor có da variante singular -án. Os cambios rexistrados entre as enquisas do ALPI, do ALGa e da NEnq son pequenos, mostran que hai moita continuidade lingüística de 1934 a 2008 e permiten ver que a terminación plural -ás e a singular -á gañan terreo moi devagar.

Keywords