Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2012)

Refráns e linguaxe xuvenil en alemán e español. Unha análise empírica

  • Eva Fernández Álvarez

Journal volume & issue
no. 13
pp. 65 – 76

Abstract

Read online

O presente artigo combina dous campos de investigación aparentemente opostos: os refráns, pertencentes á sabedoría tradicional e popular, e a linguaxe xuvenil, moderna e innovadora. Porén, ambos os dous parecen converxer en diversos puntos que sentan as bases para unha análise contrastiva en alemán e español. Investígase, así, a popularidade destas paremias entre os falantes mozos de ambas as linguas, atendendo a diversos factores: índices de comprensión e de uso, diferenciacións derivadas do sexo, da idade e da procedencia dos informantes e fenómenos de desviación, unha tendencia recorrente e moi representativa. Estas variables analízanse, así mesmo, dende a perspectiva translativa. O enfoque empírico permite non só investigar o grao de difusión dos refráns entre os falantes mozos de ambas as dúas linguas, senón tamén trasladar a cuestión ao ámbito da tradutolóxico. // This paper goes into two areas of investigation that are apparently opposed: proverbs, part of traditional and popular wisdom, and youth language, modern and innovative as it is. However, both fields seem to converge on several points that lay the foundations for a comparitive GermanSpanish analysis. This paper researches the popularity of proverbs among young German and Spanish native speakers, focussing on a number of diverse factors: understanding, use, sex, age and regional differentiations and deviation phenomena, the latter being a recurrent and very representative trend. These variables are also considered from a translation-related perspective. The empirical approach allows not only the investigation of the diffusion of proverbs among young speakers of both languages, but also a translation-oriented analysis.

Keywords