Revista Galega de Economía (Sep 2019)
A inmigración irregular en España e Europa: situación e perspectivas
Abstract
A migración é unha particularidade necesaria desde o principio da historia e existe un consenso universal en recoñecer que contribuíu frecuentemente ao progreso das sociedades. Na sociedade española, a inmigración é un dos fenómenos en curso que máis determinou a configuración pasada e futura do país. Este feito tamén aconteceu no ámbito europeo, onde a chegada de estranxeiros foi un fenómeno paulatino e reiterativo en practicamente todos os países. Malia isto, dentro da inmigración, a irregular está asociada a contextos de explotación e vulnerabilidade, onde a invisibilidade destas persoas fronte ao país receptor é un dos maiores atrancos para saír desa situación. A preocupación por este tipo de inmigración é recente, vinculada aos controis fronteirizos e ás políticas migratorias de cada país. A incidencia e a súa extensión en distintos sectores, como o social ou o económico, son múltiples e heteroxéneos. E este é o obxecto de estudo do traballo que se presenta.
Keywords