Estudios Románicos (May 2022)
O refrán das cantigas galego-portuguesas: variación e edición
Abstract
O refrán das cantigas galego-portuguesas, con presenza maioritaria no corpus textual, nomeadamente no xénero de amigo, caracterízase, aparentemente, pola súa repetición íntegra en todas as estrofas; non obstante, os manuscritos ofrecen con certa frecuencia mudanzas que contrastan con esa esperada reiteración literal. Este artigo visa realizar unha primeira aproximación á variación (gráfico-fonética, lingüística, estilística…) que se rexistra nos refráns das cantigas trobadorescas, oculta en numerosas ocasións polo (discutíbel) apagamento que se produce na maioría das edicións da lírica profana galego-portuguesa.
Keywords