Estudios Románicos (Jan 2025)
O teatro galego durante o franquismo: o Premio Castelao (1964-1967)
Abstract
O Premio Castelao foi convocado en 1964 pola Agrupación Cultural O Galo, constituída por estudantado universitario compostelán, como reacción á ausencia dunha modalidade en lingua galega no II Premio Nacional de Teatro Universitario convocado polo SEU. Para conseguir a dotación do premio organizouse unha cuestación popular, a Campaña do Peso. O premio terá catro convocatorias e concitará a adhesión das novas xeracións mais tamén das provenientes do galeguismo republicano organizadas agora no grupo Galaxia. O certame vincularase á estratexia de institucionalización da cultura galega articulada arredor do Día das Letras Galegas, creado en 1963. A investigación sobre o Premio Castelao permite tamén descubrir obras inéditas e non representadas, e completar así a historia do teatro galego durante o franquismo.
Keywords