Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2011)

Unidades fraseolóxicas especializadas e tradución

  • Alejandro Pastor Lara

Journal volume & issue
no. 12
pp. 195 – 208

Abstract

Read online

O obxectivo do presente traballo é, por unha parte, presentar unha visión das diferentes concepcións sobre as unidades fraseolóxicas especializadas que podemos atopar na bibliografía dispoñible, ó tempo que expo-la importancia que o contexto ten na identificación e estudo das variacións discursivas das UFE verbonominais. Neste sentido, seguindo a proposta de Gouadec (1994), expómo-la necesidade de amplia-lo concepto actual de fraseoloxía especializada, de xeito que non só se consideren fraseolóxicas as combinacións verbonominais fixas do discurso especializado, senón tamén determinadas fórmulas supraoracionais estereotipadas que presentan alto grao de fixación e recorrencia en determinados tipos de texto. É desexo noso que, deste xeito, se poidan dar respostas ás necesidades lexicográficas e terminográficas que demandan os profesionais da tradución e redacción de textos especializados. Para iso analizámo-los comportamentos discursivos de determinadas unidades fraseolóxicas especializadas verbonominais nun corpus de 100 sentenzas de tipo penal en castelán e alemán. O resultado da nosa análise foi que moitas das posibilidades transformacionais e paradigmáticas que presentaban estas unidades dentro do discurso estaban relacionadas coa súa inserción dentro de determinadas fórmulas supraoracionais estereotipadas que se repiten invariablemente en determinados tipos de texto. // The aim of this work is, on the one hand, to present a vision of the different conceptions on the specialized phraseological units that we can find in the available bibliography, and, on the other hand, to raise the necessity to extend the present concept of specialized phraseology, so that not only the fixed verb-substantive combinations of the specialized speech are considered as phraseological, but also some stereotyped formules that show some degree of fixation and recurrence in certain types of text. Lexicographical and terminographical works should give answer to the needs that the professionals of the translation and specialized text writing demand. That is why we have analyzed the discursive behaviors of certain specialized phraseological units in a corpus of 100 criminal judgements in Spanish and German. The result of our analysis was that many of the paradigmatic possibilities that these units presented within the speech were related to their insertion within certain stereotyped formules that are repeated invariably in certain types of text.

Keywords