Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación (Nov 2015)

Servizo de Recursos Psicopedagóxicos: relevancia para o Grao en Pedagoxía (USC)

  • Elena Fernández-Rey,
  • Ana I. Couce-Santalla,
  • Blanca Garea-Gestal

DOI
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.06.342
Journal volume & issue
no. 06

Abstract

Read online

A finalidade principal desta comunicación é presentar a importancia e as funcións que cumpre o Servizo de Recursos Psicopedagóxicos (SRP) pertencente á Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), para a formación do alumnado do Grao en Pedagoxía. En primeiro lugar, preténdese describir a organización e o funcionamento do SRP, especificando algúns aspectos destacados como poden ser os motivos para a súa creación, os obxectivos específicos, os destinatarios, etc. En segundo lugar, establécese unha relación entre un servizo deste tipo e o desenvolvemento e adquisición das competencias xerais e específicas, así como a súa vinculación coas saídas profesionais que se recollen na memoria do título, entre as que sobresae a formación e o asesoramento pedagóxico en centros escolares, centros de formación do profesorado ou gabinetes psicopedagóxicos. A continuación, expóñense os principais resultados obtidos a través dun cuestionario construído ad hoc para a valoración do SRP. O devandito instrumento administrouse ao alumnado do Grao en Pedagoxía do curso académico 2014-2015. Algunhas das dimensións que se valoran no cuestionario están relacionadas cos motivos para utilizar este servizo, co grao de importancia percibida polo alumnado con vistas á súa formación académica e desenvolvemento profesional ou co seu nivel de satisfacción (respecto a aspectos como a cantidade e variedade de fondos, as condicións de préstamo, as características do espazo físico, etc.). Tamén se recollen algunhas propostas de mellora básicas para este servizo. A partir da valoración, maioritariamente positiva do alumnado, conclúese que un servizo desta índole resulta necesario no Grao en Pedagoxía, entre outras, polas seguintes razóns: a súa complementariedade con outros existentes no contexto universitario, especialmente as bibliotecas; a súa achega ao afondamento de coñecementos e contidos desenvolvidos en diferentes materias do título; a súa utilidade como un recurso documental para a elaboración de actividades, traballos e proxectos relacionados coa titulación.

Keywords