Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2013)

Unikale Elemente. Apuntamentos sobre as palabras ligadas fraseoloxicamente do alemán actual / ‘Unikale Elemente’. Notes about phraseologicaly bound words of current German

  • Herbert J. Holzinger

Journal volume & issue
no. 14
pp. 165 – 173

Abstract

Read online

Neste traballo estúdanse os elementos únicos do alemán actual. Estas palabras tamén se coñecen como unikale Komponenten, Unikalia, phraseologisch gebundene Einheiten en alemán e palabras diacríticas, palabras idiomáticas, compoñentes ligados fraseoloxicamente en castelán. Son palabras sen autonomía sintáctica que unicamente aparecen dentro de unidades fraseolóxicas (UUFF). Forman un conxunto (relativamente) pechado de palabras. Con todo, trátase dun grupo bastante heteroxéneo e parece que non todas teñen as mesmas restricións das súas posibilidades combinatorias. Neste traballo demóstrase mediante a análise dun corpus lingüístico que, de feito, algunhas palabras deste grupo cumpren perfectamente o criterio de restrición de combinabilidade e, polo tanto, da estabilidade, mentres que outras amosan un comportamento menos restrinxido, algunhas até o punto de comportarse como palabras autónomas. // This paper is dedicated to words known as unikale Elemente (unikale Komponenten, Unikalia, phraseologisch gebundene Einheiten) in German, commonly referred to as hapax legomena, cranberry words, or bound words in English. Such words appear only within phraseological units, not in free syntactic constructions. Though they form a (relatively) restricted and closed group of words, they are also quite heterogeneous: not all of them, it turns out, are restricted to the same degree. This project examined the distribution of cranberry words in a large linguistic corpus. In our results, we show that only some of the words proved to be really “unique” and fixed in a phraseological unit, others enjoy more freedom of combination, and still others seem totally autonomous in their ability to be combined.

Keywords