Ad Limina (Jul 2010)
Europa Mediterráneo: Peregrinos e guerreiros, peregrinos guerreiros
Abstract
o artigo analiza en primeiro lugar a relación entre espazo, tempo e peregrinación no interior «dos diversos estratos e clases sociais». Destas consideracións deriva ante todo a neta división entre, por unha banda a peregrinación do mundo rural, vinculado á produción da terra, e por iso relixiosa, e por outra banda a peregrinación da sociedade urbana, do comerciante relacionado coas manufacturas, e por iso laica. Trátase tamén a peregrinación xudicial, que se difundiu especialmente no Flandres do século XIV. En segundo lugar, o espazo defínese xeográfica e culturalmente como mediterráneo, determinado polo caracter universal da relixión cristiá. Por último, o autor aborda a unidade do «espazo cristián» ao longo dos séculos e a súa repercusión sobre as peregrinacións a partir do século XI, cando o enfrontamento cos árabes e a defensa da unidade da igrexa concretizaron a idea da guerra santa. Nesta época a inseguridade nos camiños terrestres e marítimos que levaban ás metas da peregrinación determinaron a aparición das ordes monástico-cabaleirescas, coa novidade do monacus-miles e do cruzado, fenómeno analizado nos textos de Guillerme de Tiro, no Liber ad milites Templi de Bernardo de Claraval, e na Chanson de Roland.
Keywords