Revista Galega de Economía (Mar 2015)

O uso dunha cota variable de royalty para preservar as reservas de petróleo

  • Joao Manoel Losada Moreira,
  • Lucélia Ivonete Juliani,
  • Sinclair Mallet Guy Guerra

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.23.1.2464
Journal volume & issue
Vol. 23, no. 1

Abstract

Read online

Neste traballo analízase a posibilidade de utilizar unha cota variable de royalty para inducir as empresas nunha contorna competitiva a preservar as reservas de petróleo. Inicialmente, desenvolveuse un modelo da evolución das reservas de petróleo, dispoñible para a extracción por un empresario en réxime de competencia, incluíndose na expresión do beneficio económico a cota variable de royalty. O modelo formúlase como unha función loxística que describe o comportamento dos recursos naturais renovables. Os resultados obtidos mostran que a situación que maximiza o beneficio económico do empresario e redu-ce a taxa de extracción do petróleo se produce cando a rendibilidade neta do empresario se aproxima á súa taxa de xuro relevante. Isto é debido á propensión do empresario a aumentar a taxa de extracción dos recursos naturais para darlles cabida ás variacións na rendibilidade causadas polo mercado. A introdución dunha cota variable de royalty proporciona unha variable que pode compensar estas flutuacións e ofrecer-lle ao empresario unha rendibilidade próxima á súa taxa de xuro relevante. Os resultados mostran que é posible regular, dentro duns límites, o nivel de reservas de recursos naturais e obter recursos financeiros para levar a cabo políticas sociais.

Keywords