Cadernos de Fraseoloxía Galega (Dec 2024)

Metalinguaxe da fraseoloxía chinesa

  • Chunyi Lei

DOI
https://doi.org/10.52740/cfg.23.25.02.00072
Journal volume & issue
no. 25
pp. 37 – 52

Abstract

Read online

Analizar a metalinguaxe das unidades fraseolóxicas chinesas é unha tarefa desafiante debido á diversidade de tipos que abrangue, para os cales as máis das definicións resultan insatisfactorias. Alén diso, a taxonomía destas unidades segue sendo motivo de controversia. O presente traballo proponse encarar o estudo da metalinguaxe do sistema fraseolóxico da lingua chinesa seguindo a taxonomía proposta por Sun Weizhang en 1989, quen ostenta un recoñecido prestixio e autoridade na materia. Após trazar brevemente a historia e o desenvolvemento dos estudos fraseolóxicos chineses, centrarémonos na análise da metalinguaxe. Especificamente, investigamos a orixe maila definición do termo hiperónimo shuyu (熟语 [unidade fraseolóxica]), así como discutimos os seus hipónimos, que comprenden as chengyu (成语 [frases feitas]), as guanyongyu (惯用语 [expresións de uso común]), os xiehouyu (歇后语 [ditos alegóricos de dúas partes]), os yanyu (谚语 [proverbios]) e as geyan (格 言 [máximas ou aforismos]). En todas estas subcategorías, ofrecemos definicións precisas, características distintivas e exemplos representativos. Ademais, desde unha perspectiva crítica, identificamos unha serie de problemas terminolóxicos na metalinguaxe da fraseoloxía chinesa e ilustramos cada caso con exemplos específicos.