Revista Galega de Economía (Nov 2015)
A MODELIZACIÓN DOS CAMBIOS NA LONXEVIDADE DA POBLACIÓN DO PAÍS BASCO E A SÚA ESTIMACIÓN FUTURA
Abstract
O obxectivo deste traballo é estimar a tendencia futura da mortaldade da poboación do País Basco a través da mellora da mortaldade para o período 1991-2013, para o cal o estudo é validable. A investigación realízase a través dun modelo estocástico bietápico ao que realizamos dúas achegas. Por unha banda, unha información inicial supervisada que posibilitará prognosticar mellor o avellentamento da poboación do País Basco baixo os criterios de Solvencia II. E por outra, na estimación inclúese unha variante na extensión do parámetro do tempo de calendario mediante unha regresión logarítmica lineal no canto da coñecida “random walk with drift”.
Keywords