Cuadernos Europeos de Deusto (Jul 2022)

Presentación: Linguas minoritarias e futuro de Europa

  • María Luz Suárez Castiñeira,
  • Diego Rivadulla Costa

DOI
https://doi.org/10.18543/ced.2471
Journal volume & issue
no. 04

Abstract

Read online

Con motivo da celebración do 30 aniversario da Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto no presente curso académico 2021-2022, a revista Cuadernos Europeos de Deusto (CED) publica este número especial «Linguas minoritarias e futuro de Europa». O número inclúe oito artigos de destacados especialistas que reflexionan sobre a situación actual das denominadas linguas minoritarias no ámbito europeo e, en particular, sobre o presente e futuro do éuscaro, do catalán e especialmente do galego, como casos máis próximos, neste contexto. En consonancia co enfoque interdisciplinario da revista, acóllense contribucións desde diferentes ámbitos e perspectivas, atendendo ás dimensións social, legal ou política e ás propiamente lingüísticas e culturais. As diversas análises ofrecidas prestan atención concreta a cuestións como a lexislación lingüística, a normalización, os usos lingüísticos, nomeadamente os da xuventude, ou a importancia da dixitalización, entre outras.

Keywords