Linguamática (Dec 2014)

Editorial

  • Alberto Simões,
  • Xavier Gómez Guinovart,
  • José João Almeida

Journal volume & issue
Vol. 6, no. 2

Abstract

Read online

Chegamos ao noso sexto ano de vida e aos 13 números da revista co nada desprezábel caudal acumulado de 82 artigos publicados, dos cales 50 en portugués, 19 en español, 6 en galego, 4 en euskara, 2 en catalán e 1 en inglés; e cunha media por revista de 6,3 artigos. Nestes seis anos de existencia, logramos mancomunar a máis de 150 autoras e autores de universidades e centros de investigación das dúas beiras do atlántico e de diversos continentes no noso propósito de consolidar unha publicación científica relevante no ámbito do procesamento das linguas da península ibérica e redactada nestas mesmas linguas. Neste sexto aniversario da Linguamática, queremos agradecer a todas as autoras e a todos os autores a súa elección da nosa revista como plataforma para a divulgación científica do seu traballo. Así mesmo, queremos expresar de novo o noso agradecemento persoal máis sincero ao medio cento de membros que conforman o Comité Científico internacional da revista e que participan semestre a semestre na revisión e selección das propostas recibidas. Os seis anos da revista talvez puidesen ter ido mellor, mais non se pode dicir de ningún xeito que non fosen bos e proveitosos, nin que faltasen os eforzos para obter os mellores resultados. Esperamos poder seguir levando adiante a Linguamática outros seis anos, cando menos cos mesmos azos, esperando que o vento e a fortuna nos sexan favorábeis.