Revista Galega de Economía (Sep 2022)

A "Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030": unha ordenación territorial para a raia húmida galegoportuguesa?

  • Valerià Paül Carril

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.31.2.8291
Journal volume & issue
Vol. 31, no. 2

Abstract

Read online

Entre 2017 e 2019 elaborouse a Estratexia do Río Miño Transfronteirizo. Trátase dun documento realizado a través de mecanismos participativos para o territorio abranguido polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño, na raia húmida galegoportuguesa. Debátese aquí esta iniciativa en relación cos presupostos teórico-conceptuais xerais da ordenación territorial e, máis en concreto, da que se tenta implantar en contextos fronteirizos cunha óptica deliberadamente transfronteiriza. A metodoloxía é a da investigación-acción participante. Os resultados estrutúranse mediante tres períodos estabelecidos a efectos analíticos e discursivos, cada un dos cales culminou en cadansúa versión do plan de acción estratéxico. Valóranse os cambios producidos entre as tres versións sucesivas. Agás no relativo ao sector turístico, a dimensión económica foi perdendo peso. En paralelo, acadaron maior relevancia os aspectos de gobernanza. Asemade, detéctase unha tensión constante entre dous ámbitos territoriais presentes no seo do AECT.

Keywords