Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jun 2017)

As fórmulas rutineiras e as súas relacións de equivalencia na combinación lingüística español-alemán / Routine expressions and their equivalences in Spanish-German linguistic combination

  • Karen Lorena Baquero Castro

Journal volume & issue
no. 17
pp. 17 – 49

Abstract

Read online

Dada a relevancia das funcións discursivas das fórmulas rutineiras (FR) na comunicación cotiá, consideramos preciso telas en consideración no ensino de linguas estranxeiras. Con razón se ten sinalado que, mentres a aprendizaxe e adquisición destas unidades son procesos que se prolongan durante toda a vida dun falante nativo, estes fenómenos representan para os falantes non-nativos “eine unerschöpfliche Quelle pragmatischer Fehler, die sich unter Umständen auf seine sozialen Kontakte negativ auswirken können” (Sosa 2006: 11). Tendo isto en conta, no presente traballo pretendemos partir desta base para desenvolver estratexias didácticas para os discentes de alemán como lingua estranxeira en Colombia. O punto de partida para a elaboración destes materiais didácticos estaría conformado por estratexias didácticas derivadas de situacións comunicativas coas que os discentes estivesen moi familiarizados. Para este fin resultan especialmente útiles as películas de ficción, dado que permiten pór os discentes en contacto con numerosas situacións, actitudes e intencións. Nun estudo de caso analizouse unha película colombiana con subtítulos en alemán. Nela rexistráronse 252 ocorrencias de 203 FR que expresan alegría, anoxo, agradecemento, decepción, solidariedade, sorpresa, medo e valoración. A partir da análise contrastiva do corpus púidose determinar que apenas se dan casos de equivalencia total. A maioría das diferenzas rexistráronse no nivel estrutural. // Considering the importance of the discursive functions of routine formulae (RFs) in daily life, they must be a part of foreign language courses. It was pointed out correctly that while native speakers spend their lives learning such units, for foreign-language speakers, these phenomena are an inexhaustible source of pragmatic errors that can have negative consequences on their social life (Sosa 2006:11). A research approach was developed to provide the basis for the development of learning materials for learners of German as a foreign language, coming from Colombia. These materials would build upon didactic strategies worked out from communicative situations well-known by the students. For the purpose intended, feature films are especially appropriate because they offer the possibility of putting the learner in contact with a variety of situations, attitudes and intentions. In a case study, a Colombian movie subtitled in German was analyzed, and it was found to contain more than 252 occurrences of 203 RFs expressing joy, anger, gratitude, disappointment, solidarity, surprise, fear and appraisal. A contrastive analysis of this corpus showed that perfect equivalence was rare. Most differences could be found on the structural level.

Keywords