Revista Galega de Economía (Dec 2019)

Factores determinantes da disposición a pagar por recursos naturais. O caso da lagoa e o areal de Valdoviño

  • Teba Félix Massa

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.28.3.5947
Journal volume & issue
Vol. 28, no. 3

Abstract

Read online

O método de valoración continxente (MVC) baséase na construción de mercados hipotéticos a través dunha enquisa, onde normalmente se lles pregunta aos entrevistados pola súa disposición a pagar (DAP) por un determinado ben que carece de mercado e, polo tanto, de prezo. O obxectivo principal deste traballo é identificar as variables explicativas que condicionan a DAP dos visitantes por gozar dun dos principais elementos do patrimonio natural de Galicia: o conxunto formado pola lagoa e o areal de Valdoviño. A información obtida pode ser de grande utilidade na análise custo-beneficio como fundamento das decisións políticas que afectan á xestión deste recurso natural.

Keywords