Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación (Dec 2017)
O piano matemático
Abstract
No contexto educativo estase a poñer moita énfase na interdisciplinariedade, na educación emocional, nas actitudes ou na motivación do alumnado. Porén, o noso sistema educativo adoece dunha preocupante falta de formación do profesorado nestes aspectos, nas propostas e materiais didácticos específicos para o ensino e na disposición de interrelacionar as diversas áreas do currículo. Neste traballo lévase a cabo unha proposta interdisciplinar para desenvolver nos escolares de Educación Infantil as capacidades musicais e matemáticas. A interacción de ambas materias axúdalle ao alumnado a acadar unha educación integral e non fragmentada.
Keywords