Revista Galega de Economía (Nov 2015)

O TURISMO EN ECUADOR. NOVAS TENDENCIAS NO TURISMO SOSTIBLE E CONTRIBUCIÓN AO CRECEMENTO ECONÓMICO

  • Eddy Antonio CASTILLO MONTESDEOCA,
  • Fidel MARTÍNEZ ROGET,
  • Emilia VÁZQUEZ ROZAS

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.24.2.2931
Journal volume & issue
Vol. 24, no. 2

Abstract

Read online

Nas últimas décadas o turismo destacou como unha actividade con potencial para diversificar a estrutura económica dos países fronte actividades económicas tradicionais. Ecuador, un país cunha estrutura produtiva moi dependente do sector primario, coa necesidade de diversificar a súa matriz produtiva e xerar novos ingresos que melloren a súa economía, impulsou unha serie de iniciativas no sector turístico. O turismo de masas evidencia importantes problemas como a masificación, a degradación das costas ou a perda de calidade na experiencia turística. Ecuador pode aproveitar as experiencias doutros países, apostando por un modelo turístico máis sostible. Dentro desta liña, nos últimos anos o goberno ecuatoriano puxo en marcha o Plan Estratéxico de Turismo 2020 (PLANDETUR 2020) e a proposta do “Turismo Consciente”, iniciativas orientadas cara a promoción do turismo sostible. Este traballo trata de dar a coñecer o turismo consciente, un termo recente e en construción, para referirse a unha modalidade de turismo que se apoia nos principios de sustentabilidade e de ética. Analízase a contribución do turismo á economía do país a través dun modelo econométrico para o período 1995-2013, cuxos resultados evidencian un equilibrio a curto e longo prazo.

Keywords