Revista Galega de Economía (Mar 2015)
Cadea de produción do cultivo de mexillón no ano 2011 na provincia de Tierra del Fuego, na Antártida e nas Illas do Atlántico Sur, Arxentina
Abstract
Neste traballo descríbese o sector mitilicultor de Puerto Almanza, Arxentina, identificando e analizando os distintos compoñentes da cadea produtiva no ano 2011. A mitilicultura é unha acti-vidade produtiva complementaria para o desenvolvemento socioeconómico en Puerto Almanza, a cal se atopa nunha etapa de desenvolvemento tanto no que respecta ao sector artesanal como ao sec-tor industrial. Observáronse posibilidades para o crecemento e desenvolvemento endóxeno da acti-vidade, aínda que se detectaron problemas na súa cadea produtiva. No necesario proceso de conso-lidación cara á sostibilidade da miticultura na zona deben intervir os principais actores da actividade, destacando o rol fundamental reservado ao Estado. A recomendación para o longo prazo é asegurar o manexo apropiado desta zona de produción de moluscos nun marco de desenvolvemento sostible e participativo.
Keywords