Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación (Nov 2015)

A formación do profesorado de lingua galega: perspectivas pedagóxicas e modelo lingüístico

  • Estefanía Mosquera-Castro

DOI
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.06.98
Journal volume & issue
no. 06

Abstract

Read online

O presente traballo analizará desde unha perspectiva teórico-práctica as necesidades formativas do profesorado de lingua galega na Educación Primaria e para iso terá en conta a particular situación sociolingüística en que se encontra a Galiza e, máis concretamente a lingua galega. Así, en primeiro lugar, examinaremos a situación do galego no marco educativo facendo especial fincapé na lexislación vixente, nos datos proporcionados polo recente informe do IGE e na información que a propia práctica docente nos proporciona, para determinar grosso modo o nivel de competencia en lingua galega do alumnado que inicia –e moitas veces finaliza– a súa formación como futuro docente na Educación Primaria. Esta primeira análise permitirá verificarmos a delicada situación por que atravesa o galego neste ámbito, os problemas a nivel pedagóxico debido ao emprego de metodoloxías tradicionais e gramaticalistas, pouco enfocadas no uso e na funcionalidade das linguas e, en consecuencia, o –con frecuencia– escaso dominio lingüístico dos discentes, a maioría nativos, que, ademais manifestan aínda na actualidade numerosos prexuízos. Todos estes elementos provocan no alumnado do grao unha falta de motivación pola súa aprendizaxe, un modelo de lingua precario e unhas aptitudes lingüísticas negativas, que condicionarán con certeza o posterior proceso de ensino-aprendizaxe en que figurarán como docentes e, por tanto, como referentes. Neste sentido, e a modo de conclusión elaboraremos unha proposta cunha serie de medidas a respecto do enfoque metodolóxico e didáctico e do modelo de lingua que deberían ser priorizados para garantir unha competencia lingüística mínima neste idioma que capacite para a posterior práctica docente, non só na materia de lingua e literatura galega, mais tamén como lingua vehicular do ensino. En concreto, consideramos necesario unha aproximación funcionalista e comunicativa como a que ten lugar no ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras ou segundas linguas, polas características particulares do galego, e un modelo lingüístico de calidade, liberado de interferencias gramaticais máis tamén psicolóxicas, que garantan o seu futuro.

Keywords