Cuadernos Europeos de Deusto (Jul 2022)
Normalizando o galego en Alemaña. O papel da formación universitaria do galego en Leipzig
Abstract
A contribución traza os antecedentes do estudo do galego en Alemaña e o camiño seguido a partir de 2010, para incluír o galego no currículo académico en Leipzig e forzar, desta forma, o recoñecemento do galego e, ao mesmo tempo, da pluralidade lingüística de España en Alemaña. Prestarase especial atención, por un lado, á programación e ao desenvolvemento dos Estudos galegos no cadro da priorización e focalización das linguas minorizadas europeas na Universidade de Leipzig e, por outro, ás consecuencias da implantación do galego no ámbito académico alemán noutras esferas institucionais, para logo debater como inciden na normalización e promoción do galego a nivel internacional. Recibido: 14 abril 2022 Aceptado: 16 mayo 2022
Keywords