Revista Galega de Economía (Sep 2018)

O TURISMO COMO FONTE DE RIQUEZA EN GALICIA: ANÁLISE DALGUNHAS EXPERIENCIAS

  • Fidel MARTÍNEZ ROGET,
  • María Nava CASTRO DOMÍNGUEZ,
  • José Antonio FRAIZ BREA

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.27.3.5437
Journal volume & issue
Vol. 27, no. 3

Abstract

Read online

Aínda con algunhas experiencias previas, Galicia mantívose allea ao boom turístico que nos anos sesenta experimentou boa parte do territorio español e foi a partir da aprobación do Estatuto de Autonomía cando se comeza a sentar as bases do desenvolvemento do turismo na Comunidade. Nas últimas décadas a actividade turística experimentou un importante crecemento contando na actualidade cunha oferta importante e diversificada. Unha das características máis importantes da actividade turística en Galicia é, xustamente, que non depende dun único tipo de turismo. Neste traballo analízase o Camiño de Santiago como un recurso estratéxico do turismo en Galicia, e tamén o potencial doutras modalidades de turismo como son o turismo termal e o turismo rural. Paralelamente ao crecemento da oferta, a demanda tamén experimentou un auxe importante. O turismo representa na actualidade máis do 11% do PIB e o 12% do emprego da Comunidade. Incrementar a duración das estancias, reducir a estacionalidade turística, incrementar o peso do turismo internacional e orientar a actividade cara unha senda compatible co desenvolvemento sostible, son algúns dos retos a arrostrar nun futuro inmediato.

Keywords