Revista Galega de Economía (Sep 2013)
Sobre a congruencia dos datos de renda das enquisas de condicións de vida e os de Contabilidade Nacional
Abstract
É frecuente atopar na literatura socioeconómica un uso intensivo das Enquisas de Condicións de Vida para estudar as características das distribucións de renda dos fogares e das persoas, e derivar indicadores sociais de interese como son, entre outros, os de desigualdade e pobreza. Nesta contorna, e en primeiro lugar, este traballo constata a existencia de notables diferenzas entre os agregados de rendas das correspondentes distribucións persoais de rendas emanadas da realización do ano 2010 desas enquisas e os que presenta a Contabilidade Rexional de España para os fogares españois, cuantificando adicionalmente as súas magnitudes. En segundo lugar, e tratando de comprender a influencia que esas desviacións puideran ter sobre aqueles indicadores, analízanse algunhas das características das distribucións persoais de rendas en relación con certas singularidades dos seus perceptores e dos fogares de residencia. Finalmente, e con base no observado, formúlase a posible conveniencia de corrixir os datos orixinais coa finalidade de obter indicadores que puideran reflectir máis fielmente a realidade. En consecuencia, proponse un método –elemental pero flexible–, realízanse unhas primeiras correccións e analízanse os seus resultados, que parecen paliar en parte as deficiencias inicialmente detectadas.
Keywords