Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2015)

Fixación estrutural e desautomatización das locucións / Structural fixedness and defamiliarization of idioms

  • Inmaculada Penadés Martínez

Journal volume & issue
no. 16
pp. 273 – 302

Abstract

Read online

Neste traballo revísase, en primeiro lugar, o concepto de fixación sintáctica e as implicacións que supón establecer os patróns sintácticos das locucións por seren unidades fixas das linguas. En segundo lugar, proponse diferenciar, xunto á fixación formal e a idiomática, unha fixación estrutural, entendida como a característica ou o trazo das locucións polo que non se establecen entre os seus constituíntes as relacións sintácticas que se dan entre os elementos que forman grupos sintácticos libres. O trazo, pola súa natureza gradual, non impide desautomatizar unha locución mediante fenómenos sintácticos como a tematización, a pronominalización, a pasivización, a complementación ou a elisión. Dende esta perspectiva, e partindo da concepción de desautomatización sustentada polos formalistas rusos; por unha parte, distínguense tres tipos de desautomatización das locucións: desautomatización do significante, do significado e do significante e o significado á vez e; por outra, analízase un conxunto de textos nos que aparecen locucións desautomatizadas. O artigo remata coas conclusións teóricas e aplicadas que se desprenden da concepción presentada sobre a fixación estrutural e a desautomatización das locucións. // In this article we revise the concept of syntactic fixedness and the implications of establishing the syntactic patterns of idioms as fixed units of languages. Secondly, we propose the differentiation between formal and idiomatic fixedness and structural fixedness, which is understood as characteristic of idioms in which syntactic relationships are not established between their constituents in the same way as they are between those forming free syntactic groups. Due to the gradual nature of this characteristic, an idiom undergoes defamiliarization through syntactic phenomena such as thematization, pronominalization, passivization, complementation or elision. From this perspective along with the Russian Formalist of defamiliarization held by the Russian Formalists, three types of defamiliarization of idioms are distinguished: the defamiliarization of the signifier, of the signified and of both the signifier and the signified simultaneously. Furthermore, a group of texts containing defamiliarized idioms is analysed. The article ends with theoretical and applied conclusions arising from the structural fixedness and defamiliarization of idioms.

Keywords