Linguamática (Apr 2009)
Anotación morfosintáctica do Corpus Técnico do Galego
Abstract
Neste traballo preséntanse a metodoloxía e os criterios empregados na anotación lingüística (etiquetaxe categorial e lematización) do Corpus Técnico do Galego, un corpus elaborado na Universidade de Vigo con textos monolingües especializados do galego contemporáneo nos eidos do dereito, da informática, da economía, das ciencias ambientais, da socioloxía e da medicina.