Revista Galega de Economía (Mar 2015)

Dereitos de propiedade na acuicultura: unha aproximación desde o cultivo do mexillón en Galicia

  • Gonzalo Rodríguez Rodríguez,
  • Víctor Hugo Martínez Ballesteros,
  • Ihering Guedes Alcoforado

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.23.3.2501
Journal volume & issue
Vol. 23, no. 3

Abstract

Read online

Este artigo fai unha revisión dos procesos de cambio institucional ligados á miticultura ga-lega atendendo á importancia reguladora dos dereitos de propiedade conceptualizados como unha carteira de dereitos favorecedores da ordenación da actividade. En tres etapas diferenciadas a defi-nición e o perfeccionamento dos dereitos de propiedade xeraron a creación de estruturas de incenti-vos que contribuíron ao desenvolvemento de sendas estables de crecemento na explotación mexillo-eira galega, proporcionando unha maior eficiencia económica e unha explotación sostible. Constata-rase que a actividade institucional favoreceu a corrección de problemas asociados á falta de regula-ción no subsector; porén, tamén se presentarán algunhas limitacións da ordenación institucional que afectan ao desempeño miticultor, como a persistencia de externalidades negativas acumulativas non resoltas asociadas á utilización das rías como un recurso de uso común. Analizarase a titularidade, dimensión e calidade dos dereitos de propiedade resultantes asignados aos bateeiros.

Keywords