Cadernos de Fraseoloxía Galega (Feb 2018)
Fraseoloxía culinaria. Unidades fraseolóxicas portuguesas con “bacalhau”: locucións e enunciados fraseolóxicos / Culinary phraseology. Portuguese phraseological units with bacalhau (‘cod’): locutions and phraseological statements
Abstract
O presente traballo circunscríbese ao eido da fraseoloxía portuguesa e nel analízanse as unidades fraseolóxicas do portugués que teñen o bacalhau como compoñente, xa que a importancia deste produto na cultura e na sociedade portuguesa ten un claro reflexo na lingua e, máis en concreto, na fraseoloxía, polo que existe un bo número de unidades fraseolóxicas no portugués con este alimento como compoñente. Partindo dunha aproximación sincrónica, establécese o corpus de unidades fraseolóxicas do portugués que conteñen o compoñente bacalhau. Despois, recorrendo necesariamente á perspectiva histórica, realízase a análise das unidades abordando: a) a produtividade da voz bacalhau á hora de formar parte das unidades fraseolóxicas; b) os procesos histórico-culturais que provocaron a fixación destas unidades; c) os mecanismos semánticos que motivaron a súa creación e a súa capacidade para expandirse metaforicamente. Por último, conclúese que o bacallau penetrou de tal xeito no imaxinario popular portugués que a súa presenza non se limita á gastronomía, senón que se atopa tamén presente na toponimia, na antroponimia, nas tradicións, na música, na literatura, no cine, etc., transversalidade que xustifica tamén a súa presenza na lingua e na fraseoloxía. // In this paper we study Portuguese phraseology, analyzing the phraseological units that have the word “bacalhau”, codfish, as a component because of the great importance of this product in the Portuguese culture, society as well as in the language. Starting off with a synchronous approach, a corpus of phraseological units is settled down with the word “bacalhau”. Later resorting, necessarily, to the historical perspective the analysis of the units is made based on : a) the productivity of the voice “bacalhau” at the time of comprising phraseological units; b) the historical-cultural issues that caused the fixation of these units; c) the semantic mechanisms that motivated their creation and its capacity to expand metaphorically. Finally, we conclude that codfish has penetrated in such a form and manner in the popular Portuguese imaginary that its presence is not only in gastronomy, but also in toponymy, anthroponymy, traditions, music, literature, cinema and so on. This transversality explains its presence in language and in phraseology.