Cadernos de Fraseoloxía Galega (Dec 2024)

A fraseoloxía romanesa: unha ollada á terminoloxía

  • Daniela Dincă

DOI
https://doi.org/10.52740/cfg.23.25.01.00071
Journal volume & issue
no. 25
pp. 23 – 35

Abstract

Read online

Tomando como punto de partida a fraseoloxía romanesa, este artigo persegue un dobre obxectivo: por unha banda, proporcionar unha definición da fraseoloxía como disciplina autónoma en comparación con outras disciplinas lingüísticas e, pola outra, analizar a súa metalinguaxe mediante a agrupación de multitude de termos especializados que designan as unidades fraseolóxicas: idiotismo (rom. idiotismo), modismo (rom. idiom), illamento (rom. izolare), locución (rom. locuțiune), locución proverbial (rom. locuțiune proverbială), expresión (rom. expresie), expresión idiomática (rom. expresie idiomatică), perífrase (rom. perifrază), proverbio (rom. proverb), sintagma (rom. sintagmă), fórmula (rom. formulă), clixé (rom. clișeu) etc. O enfoque adoptado é o da análise diacrónica dos principais conceptos operativos, xa que a evolución da fraseoloxía evidencia a constitución e o desenvolvemento desta rama da lingüística no territorio do romanés. A pesar dos diversos puntos de vista que existen, a fraseoloxía romanesa enriquécese con achegas centradas, principalmente, na comparación dos fraseoloxismos romaneses cos doutras linguas desde un punto de vista sintáctico, semántico, translativo ou descritivo do funcionamento das súas sintaxe e semántica.