Recursos Rurais (Jul 2024)
Os “límites planetarios” en Galicia. Cambios de usos na terra, consumos de auga, nitróxeno e fósforo
Abstract
Realízase para Galicia (NO España) unha avaliación dos Límites Planetarios (Rockström, 2009) nos cambios de uso na terra, consumos de auga, ciclos do nitróxeno e do fósforo. Os dous primeiros atópanse na zona de seguridade coas variables de control por debaixo dos límites propostos (Steffen et al. 2015) mentres que os dous seguintes, teñen superado xa estes límites e sitúanse na zona de perigo do sistema-terra.
Keywords