Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jun 2017)

Paremias xeocosmolóxicas de predición do tempo en galego e maorí / Geocosmologic paroemias of weather prediction in Galician and Maorí

  • Laura López Fernández

Journal volume & issue
no. 17
pp. 83 – 107

Abstract

Read online

O presente traballo comparativo recolle unidades fraseolóxicas, ou dictons, (Rodegem 1984 e Sevilla Muñoz 1988; 1992) relacionadas co campo semántico da predición do tempo en dúas culturas que non tiveron contacto entre si e que están situadas nos antípodas do planeta: a cultura galega e a cultura maorí. A metodoloxía empregada parte dunha análise comparativa diacrónica, mais non diastrática, de paremias xeocosmolóxicas que poden estar en uso ou non na actualidade e que comprenden ditos sobre fenómenos atmosféricos, a observación dos astros e predición do tempo a través da observación dos animais, especialmente os paxaros. Os ditos recollidos en maorí non proveñen de informantes, senón dos poucos libros e fontes dixitais existentes e representan só un fragmento da cultura oral tradicional e do pensamento e legado tradicional das distintas iwis (tribos). Os ditos recollidos en galego proceden de varias bases de datos, córpora e recursos dixitalizados. // This comparative study collects phraseological units -dictons- (Rodegem 1984 e Sevilla Muñoz 1988; 1992) related to the semantic field of weather forecast from two cultures, which have not been in contact, and which are located in the antipodes of the planet: Galician and Maori. The methodology used utilizes a diachronic analysis (although not diastratic), of geocosmological proverbs, that can be or not in use nowadays, which include dictons about atmospheric phenomena, observation of the stars and star lore, and weather forecast through observation of animals, especially birds. The dictons collected in Maori do not come from informants but from the few books and digital sources available at the moment and this represents only a fragment of their traditional oral culture, thought and legacy of the different iwis. The collected dictons in Galician have been collected from a variety of digital corpus and resources.

Keywords