Revista Galega de Economía (Oct 2012)

A riqueza e o seu efecto sobre o consumo no contexto da crise global: o caso da Unión Europea e Monetaria (UEM)

  • Vicente Menezes Ferreira Junior,
  • Óscar Rodil Marzábal

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.21.Extra.428
Journal volume & issue
Vol. 21, no. Extra

Abstract

Read online

A recente crise financeira global veu provocando un forte impacto sobre o crecemento das principais economías europeas. Esta crise está producindo efectos extremadamente adver-sos sobre a actividade real da economía a través de diversas canles. Entre estas atópase o efecto riqueza, supoñendo que a variación dos niveis de riqueza pode estar conducindo a unha variación no consumo privado. Baixo este contexto, este traballo ten como obxectivo principal analizar a evolución dos niveis de riqueza e o seu efecto resultante sobre o consumo, utilizando macrodatos agregados de dez países da Unión Económica e Monetaria durante o período tri-mestral 2000-2010.

Keywords