Avances en Supervisión Educativa (Sep 2006)
In memory of Javier Teixeira: time to cry
Abstract
En memoria de Javier Teixeira: TEMPO DE CHORAR Celso Emilio Ferreiro (Remitido por Cesáreo Álvarez -Inspector de Educación de Madrid-Este- al correo interno de Adide Federación) Baleares A Javier Teixeira. Descanse en paz Hei de chorar sin bágoas duro pranto polas pombas de luz aferrolladas, polo esprito vencido baixo a noite da libertá prostituída. As espadas penduran silandeiras coma unha chuvia fría diante os ollos e teño que chorar na sombra fuxidía diste pútrido vento que arromba a lealtá e pon cadeas no corazón dos homes xenerosos. Pois que somente os ollos me deixaron para chorar por iles longos ríos, hei navegar periplos, descubertas por tempos que han de vir cheos de escumas, por onde o día nasce, alí onde xermola o mundo novo. Pois que o que chora vive, iremos indo; indo, chorando, andando, salvaxe voz que ha de trocarse en ira, en coitelo de berros i alboradas para rubir ao cumio dos aldraxes. E pois que cada tempo ten seu tempo, iste é o tempo de chorar. Poema Tempo de chorar, tomado del libro Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, remitido por Cesáreo Álvarez al correo interno de Adide Federación