Treballs de Sociolingüística Catalana (Feb 2013)

Duplo R. Experiencia de dinamización lingüística para a poboación xuvenil viguesa

  • Marta Souto González

Journal volume & issue
no. 22

Abstract

Read online

Duplo R é un programa de dinamización lingüística do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo dirixido á mocidade co obxectivo de promover entre mozos e mozas o uso do galego. A maioría das mozas e mozos de Vigo valoran o galego como positivo e sábeno falar mais non o empregan. Duplo R baséase na aglutinación de dúas propostas musicais ben distintas: regueifa e rap, co obxecto de vincular a tradición e a modernidade e ter unha concepción diferente da lingua galega. O galego apréndese e emprégase xogando e pasándoo ben. Conséguese, deste xeito, o obxectivo de fomentar o emprego do galego entre a poboación xuvenil de Vigo. Palabras clave: galego, mocidade, dinamización lingüística, música.

Keywords