Revista Galega de Economía (Nov 2016)
O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS EN GALICIA: ELEMENTOS DIFERENCIAIS DENTRO DO ESTADO ESPAÑOL
Abstract
Este traballo analiza o sistema público de pensións contributivas en Galicia e no conxunto do Estado español. Malia que o sistema de pensións é único en España, presenta elementos diferenciais a nivel territorial que singularizamos para o caso galego. Aspectos como o número e a evolución de pensionistas e pensións do sistema, a súa contía, a súa distribución por modalidades e polos reximes nos que se causan, a taxa de cobertura poboacional, a relación entre cotizantes e pensionistas e, como sistema contributivo, os gastos e ingresos do mesmo, son elementos básicos para avaliar a realidade actual e as perspectivas de futuro do sistema de pensións en Galicia e no conxunto do Estado. Na case totalidade das variables estudadas, se o sistema se analiza a nivel territorial, Galicia presenta peores indicadores que a súa media. Aínda que a estrutura económica e laboral, pasada e presente, condiciona a realidade dun sistema de pensións de repartimento, en Galicia incide en maior medida a súa estrutura poblacional que, de individualizarse e separarse territorialmente do sistema, hipotecaría a súa viabilidade futura.
Keywords