Estudios de Lingüística del Español (Jan 2018)
Sobre algúns sufixos galegos medievais: cara á solución normativa actual
Abstract
O presente texto trata sobre os sufixos da lingua galega que forman substantivos, adxectivos e adverbios. Trataranse só os que durante a Idade Media foron moi produtivos e comprobarase se na actualidade aínda o son. Verificarase se as tendencias medievais tiveron / teñen continuación ou se foron falladas. Buscaranse todas esas voces no Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega e posteriormente contrastaranse no Dicionario da Real Academia Galega que recolle o léxico estándar actual. Comentaranse as solucións que non se contemplan hoxe. Verase tamén a solución normativa actual.
Keywords