Revista Galega de Economía (Mar 2015)
A produción de enerxía eléctrica a partir da biomasa forestal primaria:
Abstract
O Goberno galego desenvolveu nos últimos anos unha normativa específica para o fomento de produción de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento da biomasa forestal primaria. A valori-zación enerxética da biomasa forestal preséntase, por parte do regulador, como unha interesante iniciativa coa que avanzar na redución das emisións de CO2 e SO2, contribuír á limpeza do monte, servir como ferramenta na prevención dos incendios forestais, mellorar a autosuficiencia enerxética, dinamizar o rural e darlle pulo ao sector madeireiro. Por outra parte, desde diversas institucións e axentes estanse a amosar posicionamentos críticos co modelo de produción eléctrica deseñado pola Xunta de Galicia e mesmo cos puntos de partida da produción de electricidade a partir da biomasa. Este artigo analiza o marco regulador da produción de enerxía eléctrica a partir da valorización ener-xética da biomasa forestal primaria, centrándose principalmente na normativa autonómica. O texto estuda o proceso de selección e o grao de desenvolvemento das instalacións previstas alén do marco retributivo das plantas de biomasa que empregan como combustible a biomasa forestal primaria. Fi-nalmente, introdúcense elementos para o debate sobre as posibles consecuencias que tería para o monte galego e para o mundo rural a implantación a grande escala deste modelo.
Keywords