Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación (Dec 2017)

O Practicum como achegamento ao mercado laboral en Educación Social

  • María del Rosario Castro González,
  • Beatriz García Antelo,
  • Isabel González Gómez

DOI
https://doi.org/10.17979/reipe.2017.0.14.2480
Journal volume & issue
no. 14

Abstract

Read online

As materias de Practicum nos estudos de Grao de Educación Social supoñen unha introdución do alumnado ao mundo laboral, convertendo este período de prácticas nun dos momentos máis agardados polos/as estudantes na súa formación. O obxectivo principal deste traballo é coñecer a valoración do alumnado de Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela sobre o proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias profesionais durante o desenvolvemento da súa estadía de prácticas, tanto en relación ao Practicum I (3º curso) como ao Practicum II (4º curso). Metodoloxicamente desenvolviuse un estudo descritivo, facendo uso dun cuestionario elaborado ad-hoc.

Keywords