Revista Galega de Economía (Jul 2015)
FACTORES CHAVE DE IMPLANTACIÓN/CERTIFICACIÓN DA NORMA UNE 302001 DE TURISMO INDUSTRIAL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
Abstract
Neste artigo analízanse os principais factores chave ou motivacións que impulsaron ás entidades galegas, concretamente Adegas de Viño, a implantar/certificar a Norma UNE 302001 de Turismo Industrial. Nun primeiro punto, contextualízase o traballo falando da importancia da calidade na actualidade, para posteriormente recoller un apartado cunha breve referencia á Marca Q de Calidade Turística e centrarse nas razóns ou motivos que levan ás organizacións a implantar/certificar un Sistema de Xestión da Calidade, especialmente o da Norma ISO 9001. Unha vez descrita a metodoloxía da investigación realizada, expóñense os resultados obtidos da análise descritiva dos factores/motivacións e, finalmente, enuméranse as conclusións e as futuras liñas de investigación. Este traballo forma parte dunha investigación máis ampla a nivel nacional co obxectivo de desenvolver un marco de referencia neste subsector do Turismo Industrial.
Keywords