Linguamática (Aug 2018)

Prefácio

  • Alberto Manuel Brandão Simões,
  • Xavier Gómez Guinovart,
  • José João Almeida

DOI
https://doi.org/10.21814/lm.10.1.269
Journal volume & issue
Vol. 10, no. 1

Abstract

Read online

Unha vez máis, Linguamática ve a luz neste seu décimo ano grazas á colaboración de todas e de todos, nun esforzo sostido de mantermos aberto e activo este foro de comunicación estabelecido nas nosas linguas peninsulares e no ámbito das tecnoloxías lingüísticas dos nosos idiomas. Nos últimos anos, a revista Linguamática foise consolidando na comunidade científica do procesamento da linguaxe como un medio prestixioso de difusión dos resultados da investigación e de presentación de proxectos, sendo incluída e reseñada en índices de grande relevancia como Emerging Sources Citation Index, Scopus, ERIH Plus, DBLP, LLBA ou REDIB, entre outros. Dentro deste esforzo para mantermos e mellorarmos Linguamática como medio de comunicación da nosa comunidade científica e lingüística, para este volume actualizamos o sistema de publicación de Open Journal Systems que sustenta as actividades de edición, publicación e libre acceso aos contidos da revista, ofrecendo así un deseño anovado máis versátil e eficiente que esperamos que sexa do voso agrado.