Cadernos de Fraseoloxía Galega (Dec 2004)
Colocacións verbais: estabilidade fraseolóxica vs. combinatoria sintáctico-semántica
Abstract
Este artigo ten como tema a combinatoria do compoñente verbal das combinacións. Máis concretamente, proponse rexeitar parcialmente o postulado de que estes compoñentes perden o seu significado no interior das devanditas estruturas colocacionais. Pártese da base de que non tódalas combinacións sintagmáticas ás que se adscribe o termo “colocación” son homoxéneas no que se refire ós trazos semánticos dos seus compoñentes. Só aquelas combinacións compostas dun verbo de significado amplo e un substantivo predicativo mostran aparentemente esa ausencia de significado no compoñente verbal. Neste artigo, con todo, postúlase que dende unha perspectiva gramatical, que non ten por que estar enfrontada substancialmente á teoría xeral fraseolóxica, estes compoñentes verbais posúen unha actividade combinatoria sintáctico-semántica. // This paper deals with the verbal combinatory of collocations: more exactly, it is intended to refuse partially the usual postulate that explains how the verbal components lose their meaning within these structures. For that purpose, the starting point is the fact that not all syntagmatic combinations called collocations are homogeneous regarding the semantic features of their components. Only those combinations of a verb with a wide meaning and a noun enunciating a predication show, in appearance, such an absence of meaning in the verbal component. In this paper, however, it is said that from a point of view based on grammar, not substantially opposed to the general phraseological theory, these verbal components have a syntactical-semantic combinatorial activity.