Modern Languages Open (Nov 2022)

Educación intercultural e aprendizaxe de linguas na atención ao alumnado caboverdiano do IES Mariña de Burela (Galicia)

  • Elena Samartino López

DOI
https://doi.org/10.3828/mlo.v0i0.341
Journal volume & issue
no. 1

Abstract

Read online

Neste traballo abórdase o modelo das intervencións postas en práctica nos últimos anos na atención do alumnado caboverdiano nun Instituto de Educación Secundaria (IES) en Galicia, un dos centros educativos que máis inmigrantes recibe. Por cuestións de anonimidade, usarei o pseudónimo 'IES Mariña' para o nome do centro. A análise e conclusións son froito da miña experiencia e observación na aula despois de vinte anos de docencia como profesora de Lingua española. Neste artigo, sosteño que a integración do alumnado inmigrante se realiza dende unha perspectiva unilateral, na que o desfase curricular ou o descoñecemento das linguas oficiais de Galicia se percibe como un déficit que hai que atender con medidas compensatorias e cos medios dispoñibles para o alumnado con necesidades educativas especiais. Esta visión asimilacionista da integración e a ausencia dun discurso crítico deste fenómeno no ámbito educativo son favorecidas polos currículos das materias e polos libros de texto, que invisibilizan e ocultan outras realidades culturais que non sexan as do home branco europeo de clase media. Como exemplo práctico comentaremos os recentes libros dixitais da aula virtual do proxecto EDIXGAL da Xunta de Galicia, que perpetúan un discurso colonizador e pobre en experiencias interculturais. Ademais, refírome a dúas iniciativas sociais, “N papia galego” e “Obradoiro antirracista”. Defendo que aínda que estas iniciativas foron positivas, precísase un enfoque máis centralizado, integrado e financiado para conseguir unha verdadeira educación intercultural. For the English version, click on the download button on the right.