Ad Limina (Jul 2010)

Compostela, Bari e Xerusalén: tras as pegadas dunha cultura figurativa nos Camiños de Peregrinación

  • Manuel Castiñeiras

DOI
https://doi.org/10.61890/adlimina/1.2010/19
Journal volume & issue
Vol. 1
pp. 17 – 52

Abstract

Read online

O apoxeo das peregrinacións a Santiago de Compostela dende finais do século XI coincide coa aparición do culto de San Nicolás en Bari e co fenómeno da Primeira Cruzada. Compostela e Bari, na súa condición de cidades de chegada e de partida de peregrinos, convértense así mesmo en centros privilexiados canda o xurdimento dun novo estilo internacional: o Románico. o Románico propón unha nova e revolucionaria cultura figurativa monumental caracterizada polos intercambios, no cal a dedicación das capelas, as reliquias –Cruces Patriarcais–, os símbolos da peregrinación –a Cuncha de Santiago–, ou os suxeitos iconográficos da épica cabaleiresca se atopan ao longo de todos os camiños, terrestres e marítimos, do Mediterráneo. Desenvólvese deste xeito unha peregrinación “circular” entre Compostela, Roma, Bari, Monte Sant’Angelo e Xerusalén, o que supón unha competencia entre os santuarios, na que estes intentan ofrecerlles aos peregrinos unha cultura figurativa axeitada ás súas vicisitudes.

Keywords