Revista Galega de Economía (Dec 2016)

REFLEXIÓNS SOBRE RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL, RESPONSABILIDADE PÚBLICA E A SUSTENTABILIDADE MEDIOAMBIENTAL

  • Elena Inglada Galiana,
  • José Manuel Sastre Centeno

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.25.3.3795
Journal volume & issue
Vol. 25, no. 3

Abstract

Read online

O artigo expón a problemática que supón promover a sustentabilidade por medio da responsabilidade social e a responsabilidade pública. Ámbalas dúas adoptan unha ética cidadá que enlaza co humanismo, a protección ao medio ambiente e o desenvolvemento económico necesario para proporcionar os elementos materiais que garantan un nivel de vida digno. A problemática estriba en que os dous termos da ecuación sexan compatibles para que cheguen a unha solución. A responsabilidade social e a social empresarial son dous factores necesarios para establecer un marco social dinámico e sostible dentro dunha estrutura capitalista, o cal obriga a cidadáns e empresas a un consumo responsable e a un investimento responsable e sostible. A responsabilidade dos poderes públicos é procurar as medidas coercitivas necesarias para manter o equilibrio. E a dos tres factores, cidadáns, empresas e poderes públicos, será loitar por unha sustentabilidade posible.

Keywords