Ad Limina (Jul 2010)
De Valencia a Querétaro. A devoción xacobea a través dunha estampa de Vicente Capilla Gil
Abstract
Nunha estampa do gravador valenciano Vicente Capilla Gil, realizada en 1792, conmemórase a fundación da cidade de Querétaro (México), acontecida o 25 de xullo de 1531, día da festividade de Santiago. A coincidencia destes dous feitos propiciou un suceso milagroso rexistrado no devandito gravado: a aparición no ceo da Santa Cruz e da imaxe do Apóstolo Patrón das Españas. Este feito propiciou a extensión do culto a Santiago por todo o Vicerreinado da Nova España e a devoción á Santa Cruz, que daría nome a un dos principais colexios de misións: o da Santa Cruz de Querétaro. o labor realizado polos frades franciscanos no contexto das misións queda resaltado na estampa de forma exemplarizante. Por medio do gravado búscase salientar as virtudes ou actos dos frades Fr. Antonio Llinaz e Fr. Antonio Marfil, de orixe española, como fundadores do colexio e evanxelizadores e apóstolos de Cristo.
Keywords