Revista Galega de Economía (Dec 2018)

A APTITUDE DO SOLO NA AVALIACIÓN DE TERRAS PARA A PLANIFICACIÓN TERRITORIAL

  • José Marcial DÍAZ MANSO,
  • Inés SANTÉ RIVEIRA,
  • Encarnación NIETO ZAS

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.27.2.5665
Journal volume & issue
Vol. 27, no. 2

Abstract

Read online

O Plan Territorial Integrado da bacía hidrográfica do río Eume (PTI do Eume) contempla entre os seus obxectivos protexer o medioambiente e favorecer a actividade económica con criterios de sustentabilidade Definiuse un modelo de avaliación baseado no desenvolto pola Food and Agriculture Organization (FAO) no ano 1976, A Framework for Land Evaluation, para asignar a cada unidade territorial unha destas 7 categorías ou clases de terra obtidas a partir da tipificación dos 12 factores máis relevantes que condicionan a aptitude do solo na bacía do río Eume. Esta tipificación cartográfica da aptitude agroforestal ademais de empregarse como indicador da eficiencia na utilización do solo, (comparándoa cas dinámicas das coberturas do solo reflectidas en series cartográficas como o Sistema de información de ocupación del suelo de España (SIOSE)), empregouse para elaborar un modelo territorial composto por tres áreas de ordenación integral que segmentarán o territorio da bacía co obxectivo de facer unha ordenación e regulación “ad doc” dos usos e actividades máis acordes a aptitude do solo co fin de optimizar a eficiencia do uso desde unha perspectiva territorial e sostible.

Keywords