Revista Galega de Economía (Jan 2012)

O MODELO DE XESTIÓN DA SUPERFICIE FORESTAL EN GALICIA E A SÚA REPERCUSIÓN NA CRISE INCENDIARIA DO ANO 2006

  • JOSÉ BALSA BARREIRO

Journal volume & issue
Vol. 21, no. 2
pp. 11 – 38

Abstract

Read online

A maior parte de Galicia está ocupada por superficie forestal, sendo de feito unha das principais potencias forestais de Europa. Aínda así, o monte galego ten unhas expectativas moito maiores en termos de sostibilidade, pero presenta unha serie de problemas estruturais herdados, nunha gran parte, dun modelo de xestión que mostra graves deficiencias. A maioría dos autores coinciden ao afirmar que o problema de fondo deriva de que o seu desenvolvemento como sector económico non xorde como unha aposta decidida, senón que máis ben se debe ao fracaso do modelo agrario tradicional. Os episodios repetidos de crises incendiarias son un dos máis claros síntomas de que o modelo de xestión non é o adecuado. O fallo nos mecanismos de predición, prevención e/ou extinción é a clave que xustifica a magnitude extrema destas crises incendiarias, que aparecen cada certo período de tempo. Neste artigo relaciónase a última gran crise incendiaria padecida en Galicia "a do verán do ano 2006" co modelo de xestión da superficie forestal, o cal actúa como orixe e/ou agravante desa crise, axudando a entender a magnitude real da traxedia.